Instalaranse cerramentos na vía de altas prestacións CG-2.2 no Corgo
Comezaron os traballos para a instalación de cerramentos de seguridade na vía de altas prestacións Lugo-Monforte (CG-2.2), no Corgo.
As intervencións, cun prazo de execución de 4 meses, suporán un investimento global de preto de 353.000 euros.
No caso da vía de altas prestacións Lugo-Monforte, comezaron coas actuacións de roza para proceder á colocación dunha valla reforzada no tramo que vai do punto quilométrico 9 ao 11, ao paso polo Concello do Corgo.
As obras consisten na substitución do cerramento existente por un peche de seguridade de 150 centímetros de altura libre sobre o terreo, para a contención de animais domésticos e fauna salvaxe como os corzos, moi abundantes na zona.
Ademais, o proxecto contempla a adaptación do chan cunha tensión de valla superior aos 1.000 quilos de arrastre para a contención dos xabarís.
O proxecto prevé tamén a instalación de ramplas de escape no cerramento para posibilitar a saída dos animais das estradas no caso de que consigan acceder ás mesmas e executaranse pasos antifauna nos ramais dos enlaces para impedir o acceso de animais.
Así, por exemplo, a autovía Nadela-Sarria, cuxa 1ª fase se está a executar, tamén contará con valla reforzada en ambos os lados para reducir estes sinistros.