Intelecto conmemora cunha xornada o Día Internacional das Altas Capacidades en Lugo

LugoXa
A Asociación Intelecto celebrou cunha xornada o Día Internacional das Altas Capacidades que se conmemorou o pasado día 14 de marzo.
intelecto_xornada_altas_capacidades
16 Mar 2024

A Asociación Intelecto celebrou cunha xornada o Día Internacional das Altas Capacidades que se conmemorou o pasado día 14 de marzo. Acudiron ao acto, entre outras personalidades, o tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, ademais de concelleiras e concelleiros do equipo de Goberno do Concello.

O evento, celebrado na sede da UNED en Lugo, transcorreu en xornadas de mañá e tarde. Impartironse conferencias polas especialistas en altas capacidades Paulina Bánfalvi e Ana Isabel Fraga. Ademais de obradoiros e aulas prácticas houbo un espectáculo de maxía a cargo do Mago Dani Polo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19472193717957