Interrompido o servizo ferroviario no tramo Monforte de Lemos-Lugo os días 18 e 19 de diciembre

LugoXa | RibeiraSacraXa
El servicio ferroviario entre Monforte de Lemos y Lugo se verá interrumpido los días 18 y 19 de diciembre para realizar mejoras.
tren vías
30 Nov 2021

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido os vindeiros días 18 e 19 de decembro debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor. Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estradas para os viaxeiros dos servizos afectados.

Adif acometerá durante estes días actuacións en infraestrutura (obras de drenaxe, pasos superiores, taludes de trincheiras e túneles) e en vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercancías, de 75 quilómetros de lonxitude.

Para realizar estes traballos, o servizo verase interrompido dende ás 22.30 horas do venres 17 de decembro ata a madrugada do luns 20, afectando polo tanto as circulacións ferroviarias dos viaxeiros do sábado 18 e o domingo 19 de decembro.

Melloras no trazado Ourense-Monforte de Lemos-Lugo
As actuacións de mellora que se levan a cabo no tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos- Lugo teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

Entre as principais actuacións previstas figuran a adaptación da infraestrutura ás novas condicións de explotación, o cambio de electrificación de 3kV a 25 kV no tramo Ourense-Monforte de Lemos e a electrificación a 25kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo.

Todas estas obras contribúen á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), como é o número 9, que ten entre as súas metas desenvolver infraestruturas fiables, sostibles e de calidade.

Financiamento europeo
A electrigicación do tramo Monforte de Lemos-Lugo vai ser financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

Plan alternativo por estrada para os servizos ferroviarios afectados.

Renfe estableceu un Plan Alternativo pola estrada para os días 18 e 19 de decembro.
O Tren Alvia con saída de Madrid-Chamartín ás 12.55 horas e chegada a Lugo ás 18:25 horas: clientes con destino Sarria e Lugo realizarán o recorrido por estrada dende Monforte de Lemos.

Os pasaxeiros do Tren Alvia con saída de Lugo ás 10.50 horas e chegada a Madrid-Chamartín ás 15:23 realizarán o percorrido por estrada ata Monforte, desde onde continuarán por tren.

Os viaxantes con destinos Sarria e Lugo do tren de media distancia con saída de Ourense ás 16.50 horas e chegada a Lugo ás 18.25 horas realizarán o percorrido por estrada desde Monforte de Lemos.

Tren de media distancia con saída de Lugo ás 10.50 horas e chegada a Ourense ás 12.24 horas: os clientes con orixe Lugo e Sarria realizan o percorrido por estrada ata Monforte, desde onde continuarán por tren.

Os pasaxeiros do tren de media distancia con saída de Monforte de Lemos ás 7.30 horas e chegada ás 10.10 horas á estación da Coruña realizarán por estrada o percorrido desde Monforte de Lemos ata Rábade.

O tren de media distancia con saída da Coruña ás 6.38 horas e chegada ás 10.05 a Ourense realizará por estrada o percorrido entre Rábade e Ourense.

Os viaxantes do tren de media distancia con saída de Ourense ás 11.50 horas e chegada ás 13.28 horas a Lugo realizarán por estrada a totalidade do percorrido.

O tren de media distancia con saída de Lugo ás 15.00 horas e chegada a Ourense ás 16.34 horas realizará por estrada a totalidade do percorrido.

Os pasaxeiros do tren de media distancia con saída de Ourense ás 19.52 horas e chegada á estación da Coruña ás 23.13 horas realizarán por estrada o percorrido entre Ourense e Rábade.

O tren de media distancia con saída da Coruña ás 19.35 horas e chegada ás 22.33 horas á estación de Monforte de Lemos realizará por estrada o percorrido desde a estación de Rábade ata Monforte de Lemos.

Medidas posvenda
Ofrécese a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional (se é para a mesma clase, no caso de modificalos), se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19243383407593