Investidos 184.975 euros na mellora de estradas no Concello de Lugo

LugoXa
Medio Rural inviste 184.975 euros na mellora das estradas a Prógalo, Pedreda e Rego de Mera, no Concello de Lugo.
aglomerado obras estradas
10 Xul 2021

Acometarase a mellora de tres estradas municipais en diferentes núcleos do Concello de Lugo. Así pois, a xunta de Goberno Local aprobou a apertura dos procesos de contratación para rexenerar o firme de varias vías, a través da financiación procedente do Convenio de Cooperación Provincial co que se pretende incrementar as dotacións das parroquias. 

As intervencións previstas se concentrarán, concretamente, “na LU- P-2903 a Prógalo (38.179 euros), na Nacional 640 a Pedreda - na estrada de Meira - (84.106 euros), e na LU-P 2903 ao Rego de Mera (62.689 euros). Obras que, no seu conxunto, suman un investimento de 184.975 euros”, precisouse. 

“Trátase de intervencións, que redundan na mellora das infraestruturas do rural e coas que se pretende abordar non só a súa conservación e mantemento, senón tamén a calidade de vida da súa veciñanza”, indicou Miguel Fernández. 

Por outra banda, o portavoz do Executivo municipal informou tamén de que, na sesión celebra da esta semana, foron autorizadas catro licenzas para acometer diferentes actuacións urbanísticas no termo municipal que xerarán, no seu conxunto, un volume de negocio próximo ao millón de euros. 

A máis destacada é a relativa á instalación térmica de biomasa e tamén fotovoltaica en marquesiñas que se construirá no antigo Hospital Xeral de Lugo (690.395 euros), pero tamén se outorgaron outras dúas para a rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Pedreda (166.084) e dun inmoble tradicional na rúa da Chanca (91.260 euros) e se validaron as modificacións realizadas na distribución da planta baixa doutra edificación na Louzaneta (1.242 euros). 

Igualmente foi ratificada a adhesión do CEI – Nodus á Asociación Nacional de Centros de Em presa e Innovación Españois (ANCES), creada en 1996 e integrada por máis dunha trintena de entidades públicas e privadas de todo o país, que permite a comunicación e posibilita sinerxías entre os axentes do ecosistema emprendedor e de innovación para facilitar a colaboración entre centros de similares características, aproveitando e optimizando os recursos, ferramentas e boas prácticas dos seus membros. A inclusión nesta rede implica, por parte da Administración local unha aportación económica inicial de 2.300 euros e unha cota anual de 1.200 euros. 

Xa noutra orde de asuntos, iniciouse o proceso para o alleamento dun total de 120 vehículos, dividindo a venda en dous lotes. Un, por importe de 2.310 euros que agrupa 24 vehículos aos que se lles esgotou a súa vida útil e foron declarados non utilizables, e o segundo lote, integra do polos 96 restantes, que se corresponden con vehículos retirados da vía pública e considera dos como residuos sólidos urbanos que saen a licitación por valor de 5.950 euros. 

Finalmente, foi adxudicada ao artista Miguel Couto Cotelo, a adquisición da escultura Peregrina en Lugo, por valor de 35.200 euros, a proposta da Coordinadora de E-Dusi Muramiñae. Unha obra elaborada en bronce, coa que o executivo local pretende enxalzar a importancia histórica, cultural, patrimonial e tamén de dinamización económica que o Camiño Primitivo ten para Lugo, mellorando a percepción estética dunha contorna sobre a que xa se está a intervir actualmente no seu acondicionamento e que exerce de nexo de unión entre o Casco Histórico e o río Miño. 

0.20369100570679