Investigadores de España e Portugal reúnense en Negueira de Muñiz na xornadas de Ciencia na Aldea
O deputado Daniel García inaugurou as Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, que se celebran ata o domingo no ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz. A área de Rural, Mar e Mocidade e a Asociación Corripa organizan o encontro que reúne unha ampla nómina de investigadoras e científicos de diferentes ámbitos, desde o estudo dos insectos ata a neurobioloxía, a astrofísica ou a seguridade alimentaria, así como xornalistas e divulgadores científicos de referencia no ámbito estatal e en Portugal.
Daniel García deu a benvida a poñentes e persoas asistentes, que cubriron todas as prazas dispoñibles, e puxo en valor o propósito de “achegar a ciencia ao rural” das xornadas que so, explicou, “unha boa mostra da capacidade das persoas que viven no rural para abrir novas vías polas que avanzar de cara a revitalización social e económica da súa contorna”.