Investiranse 221.427 euros na mellora da rúa Rafael de Vega de Lugo

LugoXa
Se invertirán 221.427 euros en la mejora de la calle Rafael Vega de Lugo. El plazo de la ejecución de las obras será de 6 meses.
ruben arroxo lopez orozco
1 May 2022

O tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou a rúa Rafael de Vega xunto con veciñas e veciños da zona. Rubén Arroxo explicou que “con esta actuación atendemos a unha solicitude da veciñanza da zona, e durante todo o proceso estamos a ter en conta as necesidades das veciñas e veciños para garantir o mellor resultado posíbel, mellorando a zona da man de quen mellor a coñece”.

“Trátase dunha zona da cidade que conta con moita poboación e que ata o de agora non tiña zonas adicadas ao uso e desfrute da veciñanza”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu “desde o Goberno de Lugo seguimos traballando en crear zonas para a veciñanza, como as xa feitas no Sagrado Corazón e en Río Sil, ou as que se están a planificar nos distintos barrios”.

O proxecto da nova zona peonil foi elaborado pola área de Mobilidade e Infraestruturas mantendo xuntanzas coas veciñas e veciños da zona, contando co seu apoio e tendo en conta as súas necesidades para transformar esta rúa.

O Goberno de Lugo adxudicou os traballos a Construcciones Sanle Lugo, que presentou unha oferta por valor de 221.427€ e un prazo de execución de 6 meses. A actuación foi proxectada para garantir a accesibilidade de toda a veciñanza da zona.

O exaclcalde de Lugo, Xosé López Orozco, estivo presente nesta xuntanza en calidade de presidente dunha das comunidades veciñais da zona, acompañado de outros veciños do mesmo edificio. Solicitaron a mellora da saída dun garaxe da zona, actuación que será estudada polo o goberno de Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21048283576965