Invisten 140.000 euros na mellora de dúas vías municipais en Negueira de Muñiz
Na Xunta de Goberno da Deputación saíu adiante un acordo de colaboración co Concello de Negueira de Muñiz polo que o organismo provincial aportará 140.000 euros para a mellora de dúas vías municipais, unha que conecta os lugares de Carballín e Bustelo, e outra, que é a vía de bifurcación a Pelou.
Unhas actuacións que, segundo explicaron, servirán para a mellora dun treito conxunto de máis de 3 quilómetros. En ambos casos, os traballos consistirán na limpeza de cunetas, a demolición parcial da plataforma, a reparación dos danos e a pavimentación con aglomerado en quente. “Unhas obras moi importantes para este concello, porque afectan ás principais estradas do municipio e á saída natural da veciñanza cara os concellos da Fonsagrada e Grandas de Salime”, valorou García Porto.