Invisten case medio millón de euros na mellora da rede viaria rural de Lugo

LugoXa
Levaranse a cabo, respectivamente, traballos en Cacabelos (Mazoi) e no camiño municipal que une Mazoi e Benade
rede-viaria-rural-lugo
21 Aug 2024

O Concello de Lugo abordará a partir de setembro unha serie de melloras do firme en diversos camiños e estradas da rede municipal, ás que destinará máis de 330.000 euros, con cargo ao Plan Único de Cooperación da Deputación de Lugo 2024. Ademais, o Goberno local impulsará outras actuacións no trazado viario con remanentes do 2023 e con fondos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A totalidade dos traballos superará os 450.000 euros de investimento, constituíndose como un plan integral de mellora continua das vías de comunicación do municipio que reflicte o compromiso firme do Concello de Lugo por  desenvolver e potenciar a calidade de vida nas parroquias.

A rexedora, que visitou os diferentes enclaves antes do inicio dos traballos acompañada pola concelleira de Cohesión Territorial, Ana González Abelleira; destacou que "a mellora destas infraestruturas é esencial para garantir o asentamento de poboación e o crecemento dos núcleos, como parte vital do desenvolvemento da nosa identidade".

Alvarellos Fondo tamén subliñou que "as obras que imos iniciar son un claro exemplo do noso compromiso por fortalecer a conectividade e seguridade viaria, asegurando que a veciñanza poida dispoñer de accesos dignos e adecuados". Pola súa banda, a edil Ana González, puxo en valor a importancia de contar con varios mecanismos de financiamento a través da colaboración entre diferentes estamentos, “xa que esta capacidade de poder traballar conxuntamente con diferentes administracións permítenos responder con maior amplitude ás necesidades que nos traslada a cidadanía”.

As obras programadas inclúen intervencións significativas en varias localizacións. Así, a área de Cohesión Territorial prevé abordar a través desta canle o acondicionamento da estrada que comunica a N-VI coa LU-2902, actuación orzamentada en 120.800 euros. Outra das obras de envergadura e que tamén ten carácter prioritario para a concellería é a mellora da comunicación entre os núcleos de Barreiro, Faxilde e Cuíña, na parroquia de Saa, labores aos que se destinarán 110.556 euros. Do mesmo xeito, con cargo a estes fondos, arranxarase o firme na vía que comunica Camiño do Souto coa Garaballa de Abaixo e actuarase no núcleo de Calde e nas parroquias do Veral e Orbazai. O importe total das tarefas vinculadas a esta ferramenta orzamentaria ascenderá a 325.245 euros.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1847128868103