Invisten máis de 17.000 euros na mellora das rúas Clemente Yebra e San Miguel de Monterroso
LugoXa
O Concello de Monterroso acometerá a mellora das rúas do casco urbano Clemente Yebra e San Miguel, mediante a rexeneración do seu firme.
15 Abr 2024
O Concello de Monterroso acometerá a mellora das rúas do casco urbano Clemente Yebra e San Miguel, mediante a rexeneración do seu firme. Os traballos pretenden dotar a estas dúas vías dunha capa de rodadura adecuada ao seu uso e á súa función que evite a continua presenza de fochas que dificultan a circulación con seguridade.
A actuación, que será financiada con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos, conta cun orzamento de 17.463,97 euros e, unha se inicien os traballos, terá unha duración dun mes.