Invisten máis de 72 millóns de euros en renovar o firme de varias rúas de Lugo

LugoXa
"Esta intervención permitirá "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipais"
firme-Celso-Emilio-Ferreiro,-Tino-Prados-e-Xosé-Crecente-Vega-Lugo
10 Feb 2025

Nos vindeiros días darán comezo os traballos de renovación do firme en Celso Emilio Ferreiro, Tino Prados e Xosé Crecente Vega. A Tenencia de Alcaldía investirá 72.596,37 euros nesta actuación, que conta cun prazo de execución de 10 semanas.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, destacou que "con esta actuación continuamos traballando nas zonas urbanas e periurbanas de Lugo, garantindo o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade".

Segundo indicou o tenente de alcalde, esta intervención permitirá "renovar vías co pavimento deteriorado e garantir a boa calidade e a boa imaxe da rede de vías urbanas municipais".

O proxecto contempla a reconstrución do paquete de firme en todo o seu espesor, evitando as posibles afectacións da capa base sobre a capa de rodadura. Para iso, instalarase unha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, garantindo así un adecuado selado do firme fronte á acción da auga superficial e unha maior duración da intervención.

Unha vez finalizada a pavimentación, procederáse á adaptación dos rexistros existentes á nova cota da superficie, así como á instalación dunha nova base para contedores. Ademais, renovarase a sinalización vertical e horizontal para mellorar a seguridade viaria.

0.1785740852356