Invístense 18.000 euros na renovación das pasarelas peonís da estrada de Ombreiro

LugoXa
A Deputación de Lugo vén de rematar os traballos de renovación das pasarelas peonís da estrada de Ombreiro, en Lugo.
pasarela_ombreiro
5 Feb 2024

A Deputación de Lugo vén de rematar os traballos de renovación das pasarelas peonís da estrada de Ombreiro, en Lugo. Unhas obras que realizou a empresa pública Tragsa, medio propio da institución provincial, e que contaron cun investimento de 18.000 euros.

O proxecto consistiu na retirada do antigo pavimento, e na reposición dos elementos de suxeición da estrutura e as táboas das pasarelas en dous tramos dun total de 150 metros, para o que se usou madeira de pino tratada. Unha infraestrutura que dá servizo ao paseo do río Miño, unha ruta periurbana moi transitada pola veciñanza que descorre á marxe esquerda do caudal ao seu paso por Lugo e que vai tamén paralela á estrada de Ombreiro. Esta actuación serviu para mellorar a seguridade e a comodidade nesta zona, moi empregada por ciclistas, afeccionados ao atletismo e persoas que se achegan a pasear.

0.18180894851685