Ioga e arte, paseos sonoros e obradoiros de ilustración este verán no Museo de Lugo
A Rede Museística Provincial de Lugo presenta a proposta cultural para este verán, con actividades, obradoiros e exposicións para todas idades e intereses entre xullo e setembro. O programa, pensado para todos os públicos, promete ofrecer experiencias únicas e enriquecedoras para todas as persoas visitantes. Entre as actividades destacadas atopamos:
Deste xeito, no Museo de Lugo mantéñense como exposicións temporais Sibila de Velázquez, dentro do proxecto “A arte que conecta”, do Museo Nacional del Prado en colaboración co Museo Provincial de Lugo ata o 7 de xullo. Ademais, desenvólvese o Campamento de verán CoidARTE, un programa de conciliación familiar con ioga, arte e fotografía inclusiva para crianzas de 6 a 10 anos ata o 12 de xullo. Tamén bota a andar o 30 de xullo o obradoiro Técnicas Gráficas para Relatar Memorias soterradas de ilustración coa artista Adela Vázquez de 10.00 a 14.00 horas.
Nos meses de xullo e agosto continúan as sesións de ioga e arte da man de Stephanie Cubides os martes e xoves de 11.00 a 12.30 horas. Trátase dunha proposta de acceso libre, que tamén ten unha modalidade infantil todos os venres de xullo de 11.30 a 13.00 horas con inscrición previa no correo concertacionsrmp@gmail.com. En agosto organizan paseos Sonoros para Maiores pola Rede Museística todos os martes de 10.00 a 13.00 horas.
Exposicións e paseos sonoros
Un obradoiro deseñado para maiores, co obxectivo de promover o benestar integral a través de paseos sonoros e actividades artísticas nos museos da Rede Museística Provincial de Lugo. Os participantes aprenderán a conectar con eles mesmos e co seu entorno, descubrindo o poder terapéutico da arte e o movemento. Precisa inscrición previa a través do correo concertacionsrmp@gmail.com
Dentro das exposición tamén está Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa do Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo ata o 31 de xullo, Ver e tocar: escultoras no Museo Tiflológico no Museo Provincial de Lugo ata o 30 de setembro e Emocións de Soledad Penalta ata o 15 de setembro. Pola súa parte, inaugurarán no museo a mostra Albino Fernández o 18 de xullo e Da sementeira. Arte, natureza e territorio na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo o 30 de agosto ás 12.00 horas.