Iria Buide reafirmou no CEIP As Gándaras o compromiso do Concello cos centros educativos de Lugo

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitou o CEIP As Gándaras, onde afirmou que a Tenencia de Alcaldía continuará a manter "un diálogo permanente cos centros educativos de Lugo".
A edil de educación lembrou que o Concello é responsable "do mantemento dos distintos colexios da cidade" e destacou o compromiso do Concello co ensino público.
Iria Buide afirmou que "desde a concellería de Educación seguiremos traballando para garantir as boas condición nos distintos centros de ensino de Lugo, realizando as tarefas da nosa competencia e reclamando á Xunta axilidade nos traballos que non sexan realizables polo Concello".
Iria Buide lembrou que “a Xunta de Galicia ten as competencias en educación e debería encargarse de todas as cuestións relacionadas”. Segundo a edil de Educación, “os servizos que os concellos prestamos aos colexios supoñen un gran esforzo ano tras ano, tanto económico como administrativo”.