Iria Castro visita a necrópole de Castroverde
A deputada de Cultura Iria Castro visitou os restos da necrópole medieval descubertos recentemente en
San Miguel de Páramo, en Castroverde durante as obras de consolidación das ruínas da casa reitoral da parroquia.
A responsábel de Cultura estivo no lugar acompañada pola arquitecta municipal e por responsables do obradoiro dual de emprego, no marco do que se estaban realizando os traballos que propiciaron o achado. Foron localizadas e documentadas 27 tumbas antropomorfas.
Segundo expuxeron, dacordo coas diirectrices marcadas pola Xunta de Galiza, a quen corresponden ás competencias de patrimonio, nos vindeiros dous meses realizarase unha cobertura provisional do achado para
garantir a súa protección mentras se desenvolve un proxecto de conservación e posta en valor.
Iria Castro subliñou que “á espera dos datos que poida achegar a investigación, as primeiras valoracións atribúen a este achado unha gran relevancia, valorándose como unha das maiores necrópoles medievais ao descuberto en Galiza, o que supón unha oportunidade para reforzar a proxección do concello a nivel patrimonial e cultural”.