Iria Enríquez, convocada para un adestramento coa Selección Española

A nova deportista lucense Iria Enríquez, integrante da Escola Deportiva Shihan de Lugo, foi convocada para participar nun adestramento coa Selección Española de kárate. A sesión de adestramento levarase a cabo este sábado en Albacete, reunindo algunhas das promesas máis destacadas desta disciplina.
Aos seus 11 anos recén cumpridos, Iria Enríquez xa posúa un impresionante palmarés, con numerosas medallas a nivel galego nas modalidades de Kata e Kumite, así como logros a nivel nacional en Kumite. O seu destacado rendemento foi clave para recibir esta convocatoria, que representa un importante recoñecemento ao seu talento e esforzo no kárate.
Esta oportunidade non só supón un gran paso na súa carreira deportiva, senón tamén un motivo de orgullo para o seu club e para o deporte lucense. Dende a Escola Deportiva Shihan, os seus adestradores e compañeiros celebran este logro e confían en que seguirá acadando éxitos no futuro.