Iria Enríquez Cortón, da Escola Deportiva Shihan, recoñecida como Deportista Galega de Base

A nova deportista Iria Enríquez Cortón, pertencente á Escola Deportiva Shihan de Lugo, vén de ser distinguida co recoñecemento de Deportista Galega de Base, un galardón que pon en valor a súa traxectoria e proxección no mundo do karate.
Entre os seus principais méritos, Iria vén de proclamarse unha vez máis Campioa Galega de Kata e Kumite na categoría Infantil, consolidándose como unha das promesas máis destacadas deste deporte en Galicia.
Ademais, conta con numerosas medallas en Ligas Nacionais, salientando a súa recente medalla de bronce en Kumite Infantil <30 kg, obtida nunha competición de ámbito estatal.
Este recoñecemento supón un impulso e unha merecida homenaxe ao esforzo, á disciplina e ao talento dunha deportista que continúa colleitando éxitos e levando o nome do deporte lucense ao máis alto.