Iria Enríquez, da Escola Deportiva Shihan, conseguiu a medalla de Prata na final da liga Nacional

Iria Enríquez, da Escola Deportiva Shihan de Lugo, conseguiu a medalla de Prata na final da liga Nacional, celebrada en Pontevedra.
Así, desde o equipo destacan que accede a este "prestixioso campionato", sendo a número 2 en Kumite infantil -30 kg e onde se clasificaban soamente as 8 mellores de toda España.
Ademais, logrou o Ouro na primeira rolda da liga Nacional e o 4° posto na segunda rolda, polo que desde o club "augurámoslle un futuro prometedor, pois aínda queda un ano máis nesta categoría", subliñan.
Ademais, destacan tamén o traballo de Uxía Folgueira, clasificada en Kata Xuvenil, que aínda que non logrou subirse ao podio, "fixo un traballo espectacular", poñen en valor desde o club.