Irmandade Naviega celebra a Festa do Acordeón

Dentro do ciclo IV Vrau das Letras Naviegas do colectivo, organizan esta cita como parte do programa Tradigalu da Deputación de Lugo
musica-tradicional-instrumentos
Imaxe recurso
9 Ago 2024

Esta fin de semana a oferta cultural en Navia vai a ser intensa. Dentro do ciclo IV Vrau das Letras Naviegas que promove a asociación Irmandade Naviega, este domingo será a Festa do Acordeón, que forma parte do programa Tradigalu da Deputación de Lugo.

A cita será na praza do concello a partir das 20.00 horas e participarán o grupo de acordeón da ESMU do Concello de Meira, o grupo Terras do Miño e o Intre. Dende o colectivo apostan así por dinamizar a variedade de propostas na zona cunha cita dirixida a todos os amantes da tradición e da música. Esta proposta únese ás presentacións literarias que están a organizar cos seus autores. Deste xeito, o sábado é a quenda de Toño Núñez que, acompañado polo crítico literario e profesor Armando Requeixo e a secretaria da asociación Olimpia López, presentará a súa obra Mea Culpa.

0.2092080116272