Isabel Rodríguez entrega 17 carnés de ciberexperto no CEIP Benigno Quiroga Ballesteros

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acudiu este venres ao CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros para facer entrega dos carnés de Ciberexperto a escolares do centro.
A subdelegada remarcou a importancia que ten para estes 17 alumnos de sexto de primaria o facer un bo uso das redes e internet para saber como actuar en casos de perigo. Con estes escolares, son máis de 70 os estudantes que dispoñen do seu carné, acreditándoos como coñecedores dos bo usos e expertos da rede. Isabel Rodríguez destacou tamén os beneficios do Plan Director para a xuventude, formándoa e preparándoa para un mundo dirixido polas telecomunicacións.