Isabel Rodríguez, participou na xornada sobre menores e adiccións organizadas por Alar Galicia

LugoXa
La subdelegada del gobierno, Isabel Rodríguez participó en el jornada sobre menores y adicciones organizada por Alar Galicia en Lugo.
isabel rodriguez alar galicia
1 Maio 2022

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, expresou a súa preocupación ante o problema de saúde que causa o consumo de alcol e drogas por menores, ao que se engade nos últimos anos “un non menos grave asociado á internet e ás novas tecnoloxías, pois este é un ecosistema propicio para que nenos e nenas se convertan en vítimas de abusos ou delitos telemáticos, ou para que queden enganchados nos xogos en rede ou nas redes sociais”. A subdelegada fixo estas reflexións na clausura das Xornadas sobre Menores e Adiccións organizadas, en Lugo, pola asociación Alar Galicia.

Isabel Rodríguez anunciou que o Goberno tomou a iniciativa para facer fronte a estes problemas e o Ministerio de Sanidade ten listo un Plan de Acción sobre Adiccións que dedica especial atención á promoción da saúde dos menores. Explicou que o Plan de Acción sobre Adiccións, que foi consensuado na Conferencia Sectorial do Plan Nacional sobre Drogas, desenvolverase ata 2024 e ofrece un marco de referencia único para todas as administracións e entidades implicadas na loita contra as adiccións.

Con este Plan, o Ministerio de Sanidade atende a grandes retos como as novas formas de adicción, dada a preocupación polo aumento no uso patolóxico de internet, dos medios dixitais e das redes sociais, e tamén ante o patrón de consumo de alcol por menores e mozos.

Polo que respecta á provincia de Lugo, Rodríguez subliñou que, desde a Subdelegación do Goberno, ademais de traballo en materia de seguridade tamén se leva a cabo un labor preventivo nas escolas e institutos, a través do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros escolares que ten en marcha o Ministerio do Interior.

“Estamos a facer un gran esforzo na formación dos escolares, profesores e pais e nais para que coñezan os riscos que entrañan as novas tecnoloxías e o consumo de alcol e drogas. Un traballo que desenvolven equipos da Policía Nacional e da Garda Civil en colaboración cos centros escolares da provincia”, explicou.

Rodríguez destacou a gran demanda que ten nos centros educativos da provincia o programa de actividades que se desenvolven ao abeiro deste Plan, especialmente, no referido ás actividades para dar a coñecer aos escolares os perigos da internet e das redes sociais.

FORMACIÓN NOS RISCOS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS
No ano pasado, malia as dificultades da pandemia, máis de 10.000 estudantes da provincia participaron nas actividades, que chegaron a 11.386 persoas, se contamos tamén aos profesores e aos pais e nais asistentes. Foron en total 408 as actividades realizadas en 147 centros escolares da nosa provincia. E a temática máis demandada foi a referida ás novas tecnoloxías, con 204 actividades, seguida das relativas a acoso, con 65, e dos perigos do consumo de drogas e alcol, con 39.

A tendencia é semellante no curso actual, xa que das 170 actividades celebradas no primeiro trimestre 64 foron sobre novas tecnoloxías, 31 sobre acoso e 27 sobre drogas e alcol.

0.18756198883057