Isabel Rodríguez presenta ao novo responsable de Tráfico en Lugo
LugoXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mantivo este xoves unha reunión co novo xefe da Xefatura Provincial de Tráfico, Alberto Rodríguez, e membros da directiva da Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios de Lugo (APREVAR).
9 Feb 2024

Neste encontro, a subdelegada presentou oficialmente ao novo responsable de Tráfico nunha cita ao que tamén acudiu o presidente de APREVAR, Luis Abelleira. Analizaron e supervisaron temas de interese para a agrupación e o sector da automoción na provincia.