Ítaca Teatro presenta en Bóveda o espectáculo Instrucións para tomar café

LugoXa | RibeiraSacraXa
A compañía lucense ofrecerá este sábado 13 de setembro unha proposta de narración oral baseada en relatos de Manuel Núñez Singala
instrucións-para-tomar-café-Ítaca-Teatro
12 Sep 2025

A Casa da Memoria de Bóveda acollerá este sábado, 13 de setembro, a estrea do espectáculo Instrucións para tomar café, da compañía lucense Ítaca Teatro. A proposta está artellada por Carlos Rebolo, contador de historias, a partir de relatos do libro homónimo de Manuel Núñez Singala, editado por Galaxia.

Trátase dunha montaxe de narración oral que reúne unha escolma de historias sobre a condición humana, onde conviven a bondade coa mesquindade, o éxito co fracaso, o fortuíto co intencionado e o real co imaxinado, todo iso debuxado con humor e retranca.

Rebolo, cunha ampla traxectoria no escenario arrancando sorrisos e convidando á reflexión, presenta agora unha nova creación de Ítaca Teatro que busca facer rir do propio ser humano e, ao mesmo tempo, suscitar preguntas sobre a vida ou, cando menos, sobre como tomar café.

⚙ Configurar cookies
0.16572904586792