Ítaca Teatro presenta o seu espectáculo 'Instrucións para tomar café' en Lugo
A compañía lucense Ítaca Teatro presentará este xoves, 28 de novembro, o seu espectáculo 'Instrucións para tomar café' na Biblioteca Pública de Lugo ás 20 horas e a entrada.
Carlos Rebolo, contador de historias, artella este novo espectáculo a partires de relatos do libro 'Instrucións para tomar café' de Manuel Núñez Singala, editado por Galaxia.
Baixo o título homónimo, este espectáculo de narración oral reúne unha escolma de historias que falan de nós como seres humanos imperfectos.
En 'Instrucións para tomar café' conviven a bondade coa mesquindade, o éxito co fracaso, o fortuito co intencionado, o real co imaxinado, nunha serie de retratos debuxados con humor e retranca.
Carlos Rebolo, que leva anos sacando sorrisos e reflexionando desde o escenario, presenta o novo espectáculo de Ítaca, disposto a facernos rir de nós mesmos e reflexionar sobre a vida ou, polo menos, sobre como tomar café.