Iván Sangiao proclámase campión galego máster de trail

LugoXa
Iván Sangiao proclámase campión galego master de trail no Campionato Galego de Trail celebrado en Barbanza
Biosbardo trail
12 Abr 2023

Iván Sangiao, do Club Deportivo Biosbardo proclamouse campión galego máster de trail no Campionato Galego de Trail disputado esta fin de semana na Pobra do Caramiñal.

A proba absoluta e máster discorreu sobre un trazado de 26,5 quilómetros e case 1300 metros de desnivel positivo percorrendo os montes da Serra do Barbanza.

Na cola do pelotón saían os dous representantes máster no campionato galego, Eneko Hurtado e Iván Sangiao, unha cámara de chamadas pequena e un primeiro quilómetro con moito atasco provocaron que os deportistas do Biosbardo perdesen moito tempo nos primeiros compases da proba.

A medida que a carreira se foi estirando Iván Sangiao, mantendo o ritmo inicial, remontaba posicións ata colocarse dentro do ‘top 10’ absoluto da proba. Finalmente dende o quilómetro 15, cun ritmo superior remontaba ata a sétima posición coa que cruzaría a liña de meta, sendo campión galego máster.

No seu debut no trazado Eneko Hurtado facíase con unha meritoria undécima praza na categoría máster.

0.14681911468506