Jaime González será o candidato do PSOE á Alcaldía de Baralla

LugoXa
Jaime González será o candidato do PSOE á Alcaldía de Baralla nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio
jaime gonzalez candidato psoe baralla
14 Abr 2023

Jaime González del Río será o cabeza de lista do Partido Socialista á Alcaldía de Baralla. Actualmente é o voceiro do PSdeG na Corporación municipal. Acompáñao de número dous a enfermeira Patricia López, que tamén repite na candidatura socialista. “Somos un grupos de veciñas e veciños con ganas de aportar ideas e novos proxectos para construír o futuro do noso concello, contando sempre coa colaboración de tódolos colectivos do municipio”.

O candidato socialista marca como prioridades “promover o polígono industrial, reforzar os servizos sociais básicos, mellorar as dotacións no rural e loitar contra o despoboamento preservando os pequenos lugares de poboación con
toda a súa riqueza ecolóxica, cultural, histórica, patrimonial e paisaxística. E tamén, realizar unha nova exposición pública do PXOM, axustándoo ás verdadeiras necesidades do concello”.

“Outra das nosas premisas será a transparencia, sobre todo no que atinxe aos gastos do Concello. Realizaremos contratacións de obras e postos de traballo dependentes do Concello con igualdade de oportunidades para todos os
cidadáns e empresas do concello”, avanzou Jaime González.

O candidato subliña que afronta esta nova etapa “acompañado dun equipo de veciños e veciñas dispostos a traballar e loitar polo futuro de Baralla”, entre os que se compaxina a experiencia e a veteranía. Jaime González destaca a
presenza na súa lista do médico Manuel Díaz Palmeiro, “Un auténtico orgullo para todo nós”.

0.20760011672974