Jaime Nava abrirá o ciclo Luz ao deporte da Fundación Breogán en Lugo

O excapitán da selección española de rugby, Jaime Nava, será o encargado de inaugurar a próxima edición do ciclo Luz ao deporte, que organiza a Fundación Breogán co apoio da Xunta de Galicia. Así o anunciaron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director da Fundación, Luis Abel Taboada.
O programa, que se desenvolverá no salón de actos da Delegación Territorial, contará con outras tres conferencias ao longo do último trimestre do ano, todas dirixidas a escolares lucenses e coa colaboración de Abanca. A iniciativa busca transmitir á mocidade os valores intrínsecos do deporte a través da experiencia de deportistas de elite, que comparten lembranzas e aprendizaxes da súa traxectoria profesional e vital.
Jaime Nava iniciou a súa carreira deportiva no Alcobendas Rugby, debutou coa selección española en 2002 con tan só 18 anos e actualmente colabora coa Federación Española de Rugby como embaixador deste deporte. Tras rematar a súa etapa como xogador profesional, compaxina as facetas de actor e divulgador, impartindo charlas sobre liderazgo e motivación.