Jaime Nava inaugura en Lugo a cuarta edición do ciclo Luz ao Deporte da Fundación Breogán

LugoXa
O excapitán da selección española de rugby compartiu experiencias con estudantes para transmitir valores como o esforzo, a motivación e o liderado
charlas-Luz-ao-Deporte-Lugo
30 Sep 2025

O excapitán da selección española de rugby, Jaime Nava, foi o encargado de abrir a cuarta edición do ciclo de charlas Luz ao Deporte, unha iniciativa impulsada pola Fundación Breogán co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración de Abanca.

A actividade reuniu alumnado do CEIP Anexa, o CIFP Politécnico, o CPR Divina Pastora-Salesianos e o colexio San Lourenzo. O obxectivo é achegar aos mozos e mozas lucenses testemuños en primeira persoa de deportistas e exdeportistas de referencia, para transmitir valores fundamentais ligados á práctica deportiva.

Nava repasou a súa traxectoria, iniciada no Alcobendas Rugby, equipo co que deu os seus primeiros pasos antes de debutar coa selección española en 2002, cando apenas tiña 18 anos. Actualmente exerce como embaixador da Federación Española de Rugby e combina esa responsabilidade coa súa faceta de actor e divulgador, impartindo conferencias sobre liderado e motivación.

O ciclo Luz ao Deporte terá continuidade no mes de outubro coa segunda xornada, que contará coa participación da piragüista lucense Tania Fernández, dúas veces campioa do mundo de maratón na modalidade de K2.

⚙ Configurar cookies
0.09955906867981