Javier Arias advirte da insalubridade dos colexios coa folga da limpeza

LugoXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, advertiulle ao Concello de Lugo dos graves prexuízos que está a causar nos colexios a folga do persoal do servizo municipal de limpeza.
javier arias delegado xunta galicia
21 Nov 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, advertiulle ao Concello de Lugo dos graves prexuízos que está a causar nos colexios a folga do persoal do servizo municipal de limpeza.

Arias dirixiuse por carta á alcaldesa, como máxima autoridade da Administración á que compete a limpeza e mantemento dos centros públicos de primaria do municipio, “dado que a situación, lonxe de resolverse parece que se intensifica cada día que pasa”. Neste sentido, lembra que xa se lles comunicou hai case un mes -o 27 de outubro- o estado no que se atopaban algunhas instalacións que, “a falta de solución, hoxe están aínda peor”.

O delegado trasládalle a súa preocupación por que se poida producir un problema de saúde público, tal e como reiteraron nas últimas semanas numerosos centros educativos ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Por isto, solicita á alcaldesa que tome as medidas adecuadas para asegurar o restablecemento da situación hixiénica dos centros, xa que “dentro das súas funcións, vostede debe garantir o dereito á seguridade e saúde do alumnado e dos demais traballadores dos centros educativos que permanecen neles durante xornadas prolongadas”.

0.19945001602173