Javier Arias alégrase da permuta dos terreos para facer o centro de saúde do Sagrado Corazón

LugoXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, amosou hoxe a súa satisfacción por que o Concello de Lugo acordara “por fin a permuta de parcelas” con Afundación que fará posible que a Consellería de Sanidade constrúa o novo centro de saúde do barrio do Sagrado Corazón no lugar que ocupaba o antigo colexio.
javier arias delegado xunta galicia
16 Dec 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, amosou hoxe a súa satisfacción por que o Concello de Lugo acordara “por fin a permuta de parcelas” con Afundación que fará posible que a Consellería de Sanidade constrúa o novo centro de saúde do barrio do Sagrado Corazón no lugar que ocupaba o antigo colexio.

Arias asegurou que o Goberno galego comezará a traballar no proxecto tan pronto se materialice o acordo e se poidan desprazar os técnicos para valorar as condicións do solar e das instalacións. Confirmou que existe unha partida orzamentaria xenérica -cun total de 200.000 euros- que fará posible licitar a redacción deste proxecto o vindeiro ano se se axiliza a xestión dos terreos.

O delegado explicou que o centro de saúde do Sagrado Corazón estaba previsto na fase I do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado pola Xunta en novembro de 2021, “mes no que solicitamos formalmente ao Concello a cesión dunha parcela que permitise á administración autonómica acometer a súa construción”.

No mesmo sentido, confía en que agora o Concello poida ofrecer á Xunta unha parcela a cambio da do Castiñeiro “para non perder o investimento en vivenda pública que estaba previsto executar na cidade”.

0.11187887191772