Javier Arias: "As deficiencias do auditorio de Lugo son por ter o edificio pechado ao público"

LugoXa
A Xunta reitera que as deficiencias do Auditorio responden ao peche do edificio durante seis anos e non a cuestións construtivas
auditorio lugo 2
8 Jun 2022

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, respondeu ás declaracións realizadas pola rexedora de Lugo, Lara Méndez, sobre as eivas do auditorio de Magoi. A Xunta reiterou que as deficiencias desta infraestrutura cultural responden aos seis anos de peche do edificio e non, din, a cuestións construtivas ou de estrutura.

Arias sinalou que “as deficiencias ás que alega o Concello débense precisamente ao feito de ter unha infraestrutura como esta parada e pechada ao público. Hai máis de seis anos que as obras se deron por finalizadas, polo que outra das consecuencias de non abrir e non habitar este espazo, son este tipo de deficiencias; que en ningún caso son deficiencias de tipo estrutural ou construtivas”.

Ademais, o delegado territorial cre que “a ninguén nos sorprende que a cifra dos arranxos siga subindo porque nun edificio pechado e con cristais rotos que deixan pasar a auga é normal que o deterioro avance. Sen embargo, aínda non se deu a coñecer o último informe. No último pleno falaron de 350.000 euros para acometer esas melloras e abrir o auditorio; días máis tarde a alcaldesa cifraba estas obras en 800.000; e hoxe xa falan dun millón de euros. Non acabamos de entender porque o Concello non fai público o informe para aclarar esta discordancia”.

Javier Áreas insiste en que "a recepción do auditorio se levou a cabo con normalidade, e o Concello de Lugo recibiuno sen condicións, nin actuación algunha pendente, despois de anos poñendo problemas e trabas. Creo que a estas alturas os cidadáns saben que non hai vontade política por parte do Concello de abrir este espazo cultural”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19405698776245