Javier Arias felicita ao rabadense Javo Orejas por conseguir os sete Majors

LugoXa | TerraChaXa
O deportista completou en agosto a maratón de Sidney, pero xa tiña outras seis probas clásicas, que se disputan en Tokio, Boston, Londres, Berlín, Nova York e Chicago
recepcion-javo-orejas-xunta
10 Dec 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, felicitou ao atleta rabadense Javier Vázquez, coñecido como Javo Orejas, por conseguir “o fito histórico” de completar as sete maratóns máis prestixiosas do mundo, que configuran a World Marathon Majors.

O deportista completou en agosto a maratón de Sidney, incorporada este mesmo ano a elite dos Majors. Orejas xa contaba no seu haber coas outras seis probas clásicas do circuíto, que se disputan en Tokio, Boston, Londres, Berlín, Nova York e Chicago, a última que correra no ano 2022.

Arias destacou “a fortaleza física e mental que acredita coa súa traxectoria deportiva, á que dá continuidade con outras carreiras que o manteñen sempre á busca de novos retos”.

⚙ Configurar cookies
0.080743074417114