Javier Arias mantén unha reunión coa alcaldesa de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
El delegado de la Xunta fixo fincapé na importancia da cooperación entre as administracións autonómica e local
reunion-javier-arias-remedios-gonzalez-rabade
17 Jan 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Rábade, Remedios González, que serviu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.

Arias fixo fincapé na importancia da cooperación entre as administracións autonómica e local “para garantir servizos e dotacións que nos permitan equilibrar as condicións de vida e de traballo en todo o territorio” e, neste senso, trasladoulle á rexedora rabadense “o compromiso da Xunta de traballar de forma conxunta no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar dos veciños e veciñas do municipio”.

0.16793608665466