Javier Arias pregoará a Mostra de Maquinaria e Mercado de Oficios do Corgo

LugoXa
A cita comezará o venres a partir das 22,00 horas cunha pancetada gratuíta
presentacion-mostra-maquinaria-corgo
30 Jul 2025

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, será o encargado de pronunciar o pregón da cuarta edición da Mostra de Maquinaria e Mercado de Oficios do Corgo, que se celebrará esta fin de semana. A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación da iniciativa, que promove a asociación “Os cinco ríos”.

A cita comezará o venres a partir das 22,00 horas cunha pancetada gratuíta. O sábado abrirán os postos a partir das 10,00 horas e, entre outros actos, haberá unha concentración de motos e xogos populares.

O domingo está prevista unha concentración de vehículos clásicos desde as 12,30 horas, o pregón do delegado territorial ás 13,00 horas, e unha degustación gratuíta de cordeiro á grella a continuación. Pola tarde haberá festa da espuma e xogos para todos os públicos.

⚙ Configurar cookies
0.14374685287476