Javier Castroviejo falará en Palas de Rei sobre o río Ulla e o impacto dos eucaliptos

A Plataforma Ulloa Viva xunto co Instituto de Estudos Ulloáns organizan unha conferencia do prestixioso biólogo e activista ambiental Javier Castroviejo, que terá lugar o 7 de agosto ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei.
Durante a charla, titulada "Río Ulla, a paisaxe e os eucaliptos", Castroviejo abordará aspectos clave relacionados coa conservación do río Ulla e o impacto dos eucaliptos na contorna natural.
Javier Castroviejo, que foi director da Estación Biolóxica de Doñana (CSIC) e presidente do Consello Internacional de Coordinación MaB da UNESCO en París, achegará a súa ampla experiencia para reflexionar sobre a importancia de protexer esta paisaxe e os seus ecosistemas.