JM Rivas imparte un curso intensivo en Lugo para superar a ABAU cun gran éxito
Os estudantes de Segundo de BAC ultiman o curso estes días coa mirada posta xa na ABAU, a antiga Selectividade, unha proba crucial e que terá moito que dicir no futuro profesional dos aspirantes, xa que a nota media coa que rematen a proba acotará as carreiras ás que poderán optar. Superar esta fase cunha nota alta é importante polo que en JM Rivas realizan un curso intensivo que axuda a todos os que participan a elevar a súa media e ter así máis opcións de futuro.
Este curso intensivo realizarase este ano entre o 20 de maio e o 3 de xuño e ten como obxectivo repasar as materias que eles desexen, de forma totalmente individual e personalizada, adaptándose tamén ao ritmo de cada alumno. O importante é que todos os días realizan un exame para medir a súa aprendizaxe e son simulacros, xa que están feitos exactamente igual aos que lles porán durante os tres días nos que se desenvolverá a proba, que este ano será do 4 ao 6 de xuño.
As clases desenvolveranse de luns a sábado pero os domingos tamén disporán do apoio que necesiten e ademais terán acceso en liña desde a casa a todo o material da aula virtual as 24 horas do día. Durante esta formación intensiva traballarase nas materias comúns e tamén nas específicas e o alumno poderá escoller en cales necesita máis reforzo. Ademais de resolver dúbidas e repasar o fundamental, realizarán esquemas cos conceptos básicos, prepararán as probas de fonética e redacción do exame de inglés, e traballarán coa gramática e os comentarios de textos, a base das probas da ABAU.
Ampla experiencia
O equipo de profesores que traballa en JM Rivas é especialista nas materias que ensinan e contan con material propio elaborado polo equipo docente, entre os que se atopan exercicios de exames, conceptos fundamentais, esquemas, resumos, etc. Ademais realizan clases individuais en materias como historia, bioloxía, filosofía, xeografía ou historia da arte. O importante é conseguir elevar a nota media do alumno, un fin que levan anos conseguindo, xa que os seus estudantes teñen unha elevada porcentaxe de éxito.
“O importante do curso e manter ao alumno centrado no estudo e que non deixe o repaso das materias para o último día. Así garantimos que no momento do exame estean ao día do máis importante”, explica o director do centro, José Manuel Rivas Bande.
JM Rivas é unha academia de gran tradición e experiencia en Lugo. Comezaron no ano 1986 pero desde 2005 ocupan as instalacións actuais na rúa Doutor Fleming. Empezaron dando apoio aos estudantes de ESO e Bacharelato pero pouco a pouco foron ampliando o seu campo de acción e agora traballan tamén co alumnado universitario e preparan as oposicións, entre outros servizos. As principais liñas de traballo desta academia son as clases en grupos reducidos, para garantir a aprendizaxe, ou individual si a materia así o require.