Jon Cabo e Ander Zoilo, novos xogadores do Lugo

LugoXa
Xunto a eles, comparecía Roberto Sáez na sala de prensa do estadio Anxo Carro
jon_Cabo_ander_zoilo
23 Xul 2024

O Lugo incorpora a Jon Cabo e Ander Zoilo ao seu cadro de xogadores albivermellos. Xunto a eles, comparecía Roberto Sáez na sala de prensa do estadio Anxo Carro que definía a Cabo como “un xogador moi potente, encarador, con bo un contra un, que ten bo cambio de ritmo e que tamén nos vai a achegar moito traballo defensivo“. Pola súa banda, presentaba a Ander coas seguintes palabras: “É un lateral de moi bo pé, con moi boa saída de balón e que é moi difícil de desbordar no un contra un”.

Jon quixo destacar que o principal para el foi “o proxecto deportivo, que fose un proxecto ambicioso e que me motivase. Tiven unha charla de media hora con Roberto e non necesitei nada máis para decidirme por vir aquí”. Ademais, salientou a idea do míster: “Unha idea moi clara e estánola tentando trasladar aos xogadores”.

Cabo que se definiu a así mesmo como “un xogador moi vertical, que está moi cómodo xogando en situacións de ritmos altos e alta intensidade” tamén tivo palabras para o seu novo compañeiro. “Ander e eu levamos 10 anos enfrontándonos. Ao final, de tantos anos coincidindo forxamos unha boa amizade. É unha gozada telo no día a día. Xa sabía que como xogador é incrible, e agora estouno coñecendo máis persoalmente”.

No caso de Zoilo asegurou que despois de falar con Roberto, viu “que o CD Lugo é un club grande, con moita historia. O proxecto que me contou, a ambición que tiña foi o que fixo que viñese aquí”. Quixo destacar tamén a boa acollida da xente e  o “vestiario moi san”, aínda que as palabras de Roberto “foron o que me convenceron de vir aquí. Segundo contábame o proxecto, eu íamo crendo e víame encaixando aquí”. Lembrou que é un deportistas “moi rápido, moi forte nos duelos, duro no un para un defensivo” e que nesta categoría é fundamental “facerse forte en casa, ser moi estables”.

0.17738008499146