Jon Ceberio ficha polo Lugo

LugoXa
O CD Lugo e Jon Ceberio chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo xogador do primeiro equipo
ceberio_cd_lugo
1 Xul 2024

O CD Lugo e Jon Ceberio chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo xogador do primeiro equipo da entidade. Ceberio (San Sebastián, 1996), desempéñase como mediocentro, e chega á cidade amurallada procedente do CF Intercity.

O xogador guipuscoano, criado no Antiguoko KE e con varias etapas nas canteiras do Bolton e da Real Sociedade, conta aos seus 27 anos cunha extensa carreira no noso fútbol, destacando o seu paso por Peña Sport FC, Real Unión, VDE Melilla, CF Talavera ou San Fernando CD, ademais do xa mencionado CF Intercity. Jon Ceberio asina por unha tempada, e a data a súa presentación será anunciada proximamente.

0.18894386291504