Jorge Prado continúa na loita polo título mundial

LugoXa
O lucense Jorge Prado continúa na loita polo título mundial despois de quedar cuarto no Gran Premio de Bélxica.
jorge prado motos
2 Ago 2021

O lucense Jorge Prado avanza na loita polo título mundial despois de quedar cuarto no Gran Premio de Bélxica. O circuíto de Lommel é un dos lugares onde Prado logrou o podio, sen embargo, esta non foi unha das ocasións. Despois de caer na primeira manga, na que remontou dende o décimo cuarto posto e rematou sexto, o lucense conseguiu manterse para lograr o terceiro posto na segunda manga e cuarto na xeral.

Xa nos adestramentos, Prado conseguiu o terceiro mellor tempo, superado polo campión do mundo Tim Gajser e Jeffrey Herlings, que voltaba á competición tras unha lesión. De feito, este último conseguiu grandes resultados despois de gañar na primeira manga por diante de Febvre. Na segunda, a sorte non lle soriu cando caeu na saída e Jonass e Febvre lograron os primeiros postos.

Desta maneira, Jorge Prado mantense tamén de cuarto na clasificación xeral, despois de Febvre, Herlings e Jonass, sendo superado tan só nesta carreira por este primeiro e recortando puntos para continuar, unha carreira máis, na loita polo título mundial.

A de onte foi unha carreira do máis intensa e reñida, na que a emoción foi crecendo a medida que avanzaba cara o final. Un terreo complicado nun Mundial que en cada Gran Premio, cambia os protagonistas.

0.22702503204346