Jorge Prado recupera en Lugo o liderazgo do Mundial de Motocrós
O Circuíto Municipal Jorge Prado de Lugo, sede do Campionato do Mundo de Motocross, foi testemuño de como o lucense Jorge Prado recuperaba o liderazgo no Gran Premio de Galicia. Os mellores pilotos do mundo tanto de MXGP como de MX2 e WMX (Mundial Feminino) e os campións do futuro do Europeo 125 protagonizaran a cita que quedou gravada para este deporte.
Os máis de 32.000 espectadores puideron gozar da actuación maxistral de Prado na pista e de como o deportista dominou con autoridade en todo momento sobrepoñéndose aos seus rivais e conquistando o podio. O actual campión do mundo na máxima categoría, gañou as dúas mangas e fíxose así co liderazgo que tiña o esloveno Tim Gajser na proba anterior.
Galicia é terra de deportes de motor e en concreto de motocrós. Historicamente esta especialidade deu moitas alegrías ao deporte galego, pero sen dúbida nestes momentos vívese unha situación única, con varios pilotos na elite internacional e un lucense defendendo o número uno de Campión do Mundo da categoría máxima. E como premio a ese traballo e broche de ouro a esta xeración máxica, o Mundial fixo de Lugo a capital internacional do motocrós e de Galicia unha inesquecible festa de deporte.