José Ángel Santos, elixido presidente do PP en Friol co 100% dos votos
Candia puxo en valor publicamente a xestión de Santos á fronte do Concello e tamén como dirixente, destacando que “é un alcalde referente non só na provincia, senón tamén para toda Galicia”, como así o demostra o apoio recibido nas últimas municipais e que ascendeu ao 82,77%.
O alcalde de Friol, José Ángel Santos, foi elixido este xoves presidente do Partido Popular deste municipio co 100% dos votos. Deste xeito, a dirección provincial do PP continúa cos procesos congresuais a nivel local, tal e como xa fixo en Ribadeo e Viveiro.
A presidenta provincial, Elena Candia, que presidiu o cónclave, no que tamén participaron outros cargos orgánicos como os Secretarios Xeral e de Organización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, respectivamente; o Coordinador Xeral, José Manuel Balseiro; o voceiro do Grupo Provincial, Javier Castiñeira, ou alcaldes de concellos limítrofes; felicitou ao novo dirixente do PP friolense, destacando “a gran valía, experiencia e proxección” do mesmo.
“A súa forma de facer as cousas e de sumar ao Partido é o que queremos e defendemos dende a dirección provincial. Sen dúbida, Jose é un espello no que mirarse para os que tivemos ou teñen responsabilidades de goberno ou incluso políticas”, manifestou a líder do PP
O novo presidente asume o cargo “cunha enorme responsabilidade”, baixo “a finalidade de seguir facendo unha política de continuidade, humilde e de proximidade” e traslada o seu compromiso á presidenta de traballar “para desbancar ao PSOE da Deputación”
José Á. Santos estará acompañado dun equipo “renovado e novo en idade, traballador e cualificado que xestionará unha estratexia política que nos levou a gobernar de forma indiscutida en Friol durante 35 anos consecutivos”
O alcalde de Friol, José Á. Santos, foi elixido este xoves presidente do Partido Popular deste municipio co 100% dos votos. Deste xeito, a dirección provincial do PP continúa cos procesos congresuais a nivel local, tal e como xa fixo en Ribadeo e Viveiro.
A presidenta provincial, Elena Candia, que presidiu o cónclave, no que tamén participaron outros cargos orgánicos como os Secretarios Xeral e de Organización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, respectivamente; o Coordinador Xeral, José Manuel Balseiro; ou alcaldes de concellos limítrofes; felicitou ao novo dirixente do PP friolense, destacando “a gran valía, experiencia e proxección” do mesmo.
“Os números son os que dan e quitan razóns, e Jose, como así o coñecemos dentro do Partido, é un alcalde referente non só na provincia, senón tamén en toda Galicia”. Proba diso, é que nas pasadas eleccións municipais o apoio que recibiu nas urnas foi do 82,27%, sumando 3.395 votos, converténdose así no mellor resultado de Lugo e nun dos mellores de Galicia tanto en participación -un 87%-, como en apoio á formación popular.
Elena Candia manifestou publicamente “o seu orgullo” de contar con compañeiros como o rexedor de Friol. “A súa forma de facer as cousas e de sumar ao Partido é o que queremos e defendemos dende a dirección provincial. Sen dúbida, Jose é un espello no que mirarse para os que tivemos ou teñen responsabilidades de goberno ou incluso políticas”, manifestou. A este respecto, a líder popular agradeceu “o extraordinario traballo” do PP neste municipio, “tanto aos que están, como aos que xa non están”. “Todos contribuístedes a esta fortaleza da que goza hoxe o noso Partido”. Neste senso, tamén tivo palabras de recoñecemento para o anterior alcalde José Antonio Muíña.
Pola súa banda, José Á. Santos manifestou que asume o cargo “con ilusión e cunha enorme responsabilidade”, e pon valor ao equipo que o acompaña, así como aos predecesores no cargo. “A nosa finalidade é seguir facendo unha política de continuidade, humilde e de proximidade. Trataremos de seguir chegando a puntos de encontro e xestionar da mellor maneira posible os recursos cos que contamos dende o goberno do Concello”. En definitiva, engadiu: “o noso único obxectivo é conseguir en todo momento o mellor para Friol”.
DEPUTACIÓN
Dentro deste compromiso de traballo, o novo presidente trasladou a Elena Candia o apoio da agrupación municipal para que esta acade “unha nota e notoriedade extraordinaria, co fin de alcanzar músculo local e o maior número de gobernos municipais en 2023”.
“Temos a obriga de gobernar a Deputación de Lugo. Dende Friol apelamos á unidade, á integración, á concordia, á implicación e ao traballo para conseguir os obxectivos comúns. Xuntos, e entre todos, debemos de traballar para gobernar no Pazo de San Marcos e, por tanto, desbancar ao Partido Socialista”, xa que, “nos últimos tres anos, destacou, ten como brazo executor a un presidente nefasto que, coa súa política ditatorial, e só en beneficio propio, está dilapidando e desperdiciando os inmensos recursos cos que conta esta administración”.
FRIOL ROMPE OS MOLDES
A finais de 2015 este equipo, liderado por José Á. Santos, fíxose cargo mediante unha xestora do PP de Friol. Convenceu co seu ideario e proxecto, de tal xeito que, nos últimos seis anos, foron capaces de levar a cabo unha profunda renovación do grupo, conxugando de forma consensuada veteranía, experiencia e xuventude. Nese ano, renovouse a candidatura nun 41%, reducindo a media deidade aos 43 anos e, con esta aposta, conseguiron nesa cita electoral o 64,41% de apoio. Nas Xerais de 2016, acadaron o 63,95% dos votos e, nas Xerais de 2019, o 59,83%. Na última cita, as autonómicas de 2020, este grupo acadou un apoio do 76,86%.
“Sen dúbida, este é o camiño que debemos seguir percorrendo xuntos, sendo o noso fin último que estes resultados, acompañados dunha boa xestión, repercutan positivamente en beneficio do noso pobo que, en definitiva, é o que nos move a seguir con forza nesta liña de traballo”, concluíu o presidente.
EQUIPO AMPLO E AO COMPLETO
José Ángel Santos estará acompañado dun equipo “renovado e novo en idade, traballador e cualificado que xestionará unha estratexia política que nos levou a gobernar de forma indiscutida en Friol durante 35 anos consecutivos”.
Deste xeito, o resto de integrantes que compoñen a Xunta Directiva elixida no día de hoxe son os seguintes: Secretaría Xeral -María Ángeles Buján Burgo (enxeñeira técnico forestal)-, Vicesecretaría de Organización -Enrique Barreiro Sánchez (xerente de empresa); Vicesecretaría de Infraestruturas Municipais -Jesús Julio Cortiña López (gandeiro); Vicesecretaría de Sanidade -Mauro Mourín González (médico de familia); Vicesecretaría de Educación -María Ángeles Pilar López López (docente en Lingua Española); Vicesecretaría de Asuntos Urbanísticos -Juan Carlos Casal Pena (enxeñeiro técnico agrícola); Vicesecretaría de Desenvolvemento Rural -Juan Varela López (gandeiro); Vicesecretaría de Xuventude -Nerea Campo Fariñas (docente en Educación Infantil); Vicesecretaría de Deportes -Felipe Barata Villapol (director do CPI de Friol); Vicesecretaría de Asuntos Económicos -Nuria Vázquez Argerey (técnico superior de administración e finanzas)-; Coordinadora do Sector Primario -Rebeca Corral Rodríguez (veterinaria)-; e Coordinadora de Política Social -Josefa Janeiro Vizcaíno (empresaria).
E como vogais: José Antonio Abuín Villar (economista xubilado); Ramón Varela López (empresario); María Esther Sánchez Barreiro (perito mercantil); José Ángel Gayoso Arias (gandeiro); Iria Penas Murujosa (técnico superior en laboratorio); Manuel Casal Pena (policía nacional xubilado); Lucía Sánchez Ferro (técnico do GDR da comarca de Lugo); Ángel Manuel Castiñeira Rodríguez (empresario); Rocío García Regueiro (técnico superior de administración e finanzas); César Modia Lage (empresario); Álvaro Castedo González (hostaleiro); Nerea Cobas Loureiro (Ciclo Superior en Administración e Finanzas); Aurelio Pena Iglesias (empresario); Cristina Prieto Iglesias (xerente de empresa); Felipe López Cabado (titular dunha explotación agrícola); e David Longarela Rodríguez (empresario de transporte).