José Ángel Santos repetirá como candidato á Alcaldía de Friol

TerraChaXa | LugoXa
José Ángel Santos volverá liderar a candidatura do Partido Popular nas eleccións municipais do próximo 28 de maio.
ALCALDE DE FRIOL JOSE ANGEL SANTOS
22 Feb 2023

O rexedor aspira de novo a que os friolenses lle den por terceira vez a súa confianza para culminar proxectos e seguir xestionando os recursos do Concello de Friol.

José Ángel Santos volverá liderar a candidatura do Partido Popular nas eleccións municipais do próximo 28 de maio, aspirando a un novo mandato á fronte da alcaldía do Concello de Friol que ocupa desde 2015. Santos é alcalde dende o ano 2015, deputado provincial, presidente de GDR 4 e vicesecretario de Concellos Rurais do PPdeG.

Marca como obxectivo “seguir consolidando Friol como un concello atractivo para investir e vivir, creando novas oportunidades de emprego e crecemento socioeconómico”.

A dirección provincial destaca o apoio do electorado de Friol ao PP e o apoio ao traballo do actual representante e do seu equipo que repetiron en 2019 maioría absoluta, aumentando a confianza do 64,21% ao ano 2015 a case o 82%; "O mellor resultado do Partido Popular, remarcan, somos os Concellos da provincia".

O popular, que forma parte do goberno local desde 2007, é deputado provincial do PP polo partido xudicial de Lugo na Deputación e presidente do GDR 4 Comarca de Lugo. Tamén preside o grupo local do PP de Friol, forma parte da xunta directiva do Partido Popular da provincia e do PPdeG, onde ademais, é vicesecretario de Concellos Rurais.

Neste sentido, destaca que se presenta "con máis forza que nunca" e co obxectivo de "seguir consolidando Friol como un municipio atractivo para investir e vivir, xerando novas oportunidades de emprego e crecemento socioeconómico". É dicir, “Friol é un concello de referencia da provincia de Lugo”, asegura.

"O equipo de goberno leva oito anos traballando, facendo posible que aquí as empresas se asenten e mesmo gañando poboación". Abonda con dicir, “o impacto que está a ter Friol no sector primario e empresarial, onde somos capaces de ser un efecto chamada para a implantación de novas empresas e proxectos innovadores en ambos sectores.

Por iso, “o meu compromiso cos veciños e veciñas de Friol e a miña responsabilidade é seguir xestionando novos proxectos que teñan un impacto directo no municipio e na poboación e, en consecuencia, seguir loitando por implantar novos servizos para os veciños”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.07404613494873