José Bouso novo presidente da Sociedade Ximnástica Lucense
A Sociedade Ximnástica Lucense vén de celebrar a súa primeira asemblea aberta informativa na que o actual presidente Manuel Ángel Calzón cedeu o seu cargo a José Bouso Alvite.
Nesta asemblea os membros participantes decidiron dar comezo ás xestión necesarias para tratar de competir na categoría máis alta posible.
A intención do club e dar comezo a todos os trámites para poder competir xa na próxima tempada 23/24. Sen embargo conscientes do apertado dos prazos poderíase atrasar este comezo ata a tempada 24/25 co obxectivo, se fai falta, de realizar “un proxecto máis sólido seguro e ilusionante”.
No referente a Xunta Directiva, a asemblea acordou que inicialmente José Bouso Alvite y Manuel Angel Calzón realizaran os trámites burocráticos necesarios para unha vez todo encamiñado sumar a mesma xente de confianza coa aprobación dos socios e membros das asemblea.
Ademais veñen de informar que "atopámonos a primeira pedra no camiño e é que non nos permiten rexistrar o nome de Sociedade Ximnástica Lucense nin tampouco Sociedad Gimnástica Lucense” así que dende o club anda a procura de novas ideas para poñer nome a este novo proxecto.