José Fernández Carrete será o candidato á alcaldía de Becerreá polo PP

LugoXa
O Partido Popular presenta a José Fernández Carrete como candidato á alcaldía de Becerreá nun encontro dos populares
Candidato Becerreá PP
16 Dec 2022

Presentan a candidatura de José Fernández Carrete á alcaldía de Becerreá no encontro popular celebrado no Hostal Rivera no que participaron afiliados e distintos membros do partido e da dirección provincial, entre eles o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, e o secretario xeral Javier Vázquez Nodal.

Fernández Carrete foi concelleiro de Cultura e Deportes cando o PP gobernou en Becerreá e foi Secretario Xeral dos populares becerrenses, “xa estiven en politica e daquela época recordo algo que para mín é fundamental, traballar para todos, iso é o que ímos facer”, engade o popular.

“Agradezo moito á dirección provincial pola confianza depositada en min e a todos os compañeiros por apoiar a miña candidatura, non os defraudarei. Entre todos volveremos a situar ao noso concello no lugar que lle corresponde”, di o alcaldable.

Neste sentido, o actual presidente da xestora do PP becerrense asegurou "sentirse arroupado polos compañeiros de partido, a agrupación onde sempre intentou unir sensibilidades para traballar en positivo por Becerreá". Por iso, "agarda o apoio dos  veciños nas vindeiras eleccións municipais xa que as eleccións son o mellor método que existe na democracia para avaliar un goberno e no caso de Becerreá, o goberno local fíxose merecedor dun suspenso claro”.

Desde a dirección provincial destacan que "Fernández Carrete reúne todas as características necesarias para dar unha estabilidade gobernamental da que carece Becerreá e, ademais, está totalmente comprometido co municipio e cos seus veciños".

O obxectivo prioritario para Fernández Carrete é "traballar pola xente nova, un  Concello ten futuro na medida que haxa mozos, eles son a savia da árbore poboacional, debemos procurarlles que poidan recibir unha boa educación, proporcionarlles actividades e ofertas para que poidan desenvolver as súas actividades sociais de acordo a súa idade e axudarlles a formar un proxecto de vida no Concello, pois os mozos non se van por capricho, vanse porque non teñen as condicións necesarias para vivir aquí”, explica o candidato a alcaldía.

Os pilares básicos sobre os que asentará un proxecto sólido baséanse na "dinamización económica e social do Concello, unhas políticas de conciliación para facilitara a vida das persoas e o afianzamento e creación de novos servizos". Neste aspecto, Fernández Carrete di que "apostarán polo sector primario e a súa diversificación, e impulsar en maior medida o turismo e o sector forestal".

Outro dos asuntos que requiren urxencia para o PP de Becerreá é traballar “polos  nosos maiores, apostando na residencia para a terceira idade”. Neste aspecto, o proxecto político baséase en "mellorar a asistencia sanitaria, ofrecer un bo servizo
de axuda no fogar e propoñer unha programación inclusiva para contar cos nosos maiores e se sintan útiles, non debemos esquecer que hoxe estamos aquí gracias ao seu sacrificio e esforzo”.

Ao comezos do mandato "o goberno local Becerreá contaba cos grupos de emerxencias supramunicipais (GES), un equipo que contaba con once traballadores que levaban oito anos recorrendo cada recuncho de Os Ancares para dar servicio ás emerxencias dos veciños da Montaña. Sen embargo, o goberno local prescindiu deles e disolveu o grupo, mandando a nove traballadores ao paro e dous deles incorporándoos como peóns de servizos múltiples do Concello" comenta o alcaldable.

Neste sentido, o alcaldable explica que “somos unha poboación envellecida e con orografía complexa polo que a resposta ante as incidencias é difícil. Por iso mesmo este servizo é esencial, un servizo que ademais prexudica tamén ao Concello no
seu día a día. Podemos observar as beirarrúas sucias, con falta de desbroces e desperfectos”.

Fernández Carrete destaca a labor das distintas asociacións e clubs por impulsar o nome de Becerreá e agradécelles o seu compromiso e, por iso, a colaboración co sector asociativo será fundamental para o novo proxecto dos populares. “Como exemplos temos a SD Becerreá, que domingo a domingo nos fan sentir orgulloso do escudo e únenos cada vez máis. A asociación As Candelas, co seu traballo a prol da dinamización da vila alumeando as rúas do noso municipio coa decoración e as actividade do Nadal e a asociación cultural Zoela, que recrean un Belén en Os Ancares digno de visitar e que ofrece un percorrido pola historia e a tradición da Montaña” di o popular.

Por outra banda, o alcaldable agradeceu tamén os pasos de distintas asociacións que se están a facer unha labor encomiable para recuperar a ximnasia rítmica no Concello, unha actividade de moita aceptación entre os veciños, para organizar
eventos tan importantes como a Feira do 12 en Becerreá ou as asociacións que, gracias a elas, pódese manter aberto o refuxio para animais de Becerreá.

0.17985796928406