José Fernández repite á fronte do PSOE nas eleccións á Alcaldía de Navia

Á fronte do Concello da Navia de Suarna está José Fernández Fernández, socialista convencido que leva como alcalde desde 2007.
candidato psoe navia jose fernandez
26 May 2023

Á fronte do Concello da Navia de Suarna está José Fernández Fernández, socialista convencido que leva traballando por esta localidade desde 2007 cando foi elixido por maioría absoluta permanecendo neste posto nas tres seguintes convocatorias.

Este ano volve presentar aos seus veciños un programa baseado en necesidades e proxectos concretos para esta vila da montaña lucense.

No relativo á infraestruturas, José Fernández aposta por esixir á Xunta o arranxo de cunetas de e valados no tramo das Veigas a Río de Pé, así como continuar co acondicionamento da estrada á Fonsagrada e do resto de vías.

Tamén neste apartado opta pola mellora dos alumeados públicos coa implantación do LED, a mellora das traídas de augas e das fontes públicas, a rehabilitación de escolas antigas que aínda están pendentes e a mellora da cobertura de telefonía móbil e internet coa instalación de repetidores.

Sobre o parque móbil, fai un apartado no seu programa o candidato socialista para asegurar que a intención é a mellora e mantemento dos equipamentos xa existentes.

Tamén insiste Fernández no mantemento e mellora das áreas recreativas e das rutas de sendeirismo.

Como localidade rural, comprométense a unha axuda e colaboración constante para o desenvolvemento das explotacións así como das empresas e autónomos xa existentes mantendo a recollida de plásticos agrícolas e o mantemento dos ríos.

Lembra o alcalde de Navia de Suarna a vantaxe que supuxo para a veciñanza a apertura do centro de maiores, aberto pola Deputación e o Concello como únicas administracións xestoras. Ademais, continuarán co servizo de axuda a domicilio e as actividades que realizan para maiores, como viaxes á praia.

Un dos grandes proxectos que contan con culminar esta nova lexislatura é a aprobación definitiva do PXOM, que xa conta cos informes para a aprobación inicial.

Tamén dedicarán un especial coidado a manter as celebracións na localidade, tanto as festas como outro tipo de eventos de carácter deportivo e cultural, así como manter as escolas deportivas e actividades sociais.

Para a zona da Proba hai uns proxectos específicos como esixirlle á Xunta á construción dunha depuradora de augas residuais, unha obra comprometida desde hai 20 anos, así como continuar coa mellora das rúas e rede de sumidoiros.

Tamén seguirán coa mellora das rúas e a rede de sumidoiros, coas dotacións para a praia fluvial e poñer en valor o muíño, a antiga aceña Casa do Médico. O proxecto para esta iniciativa ten un orzamento de 120.00 euros e conta cun museo etnográfico na primeira planta.

O Goberno local de José Fernández adquiriu a finca Barciabel, por 40.000 euros, para construír unha nova área recreativa e un aparcadoiro de autocaravanas. Así mesmo continúa co obxectivo de recuperar o castelo para recuperalo e incorporalo ao patrimonio municipal.

CANDIDATURA DO PSOE POR NAVIA DE SUARNA

1. José Fernández Fernández
2. José Manuel Álvarez Cruz
3. Manuel Gómez López
4. Manuel Romero Pérez
5. Eva Fernández Lorido
6. María Elva Igón Álvarez
7. Eladio González Romero

Suplentes

1. Manuel López Méndez
2. Juan Carlos González Galán
3. José Fernández Álvarez 4. Don José Pasaro González


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1782431602478