José Romay nomeado socio de honra a título póstumo de Lugo Monumental

LugoXa
José Romay fue nombrado como socio de honor a título póstumo de la Asociación Lugo Monumental.
directiva lugo monumental
18 Mar 2022

Lugo Monumental perdeu o pasado sábado a un dos seus máis activos e constantes colaboradores. José Romay, Pepe do Tosar, faleceu o sábado 12 de marzo e desde a Asociación queren renderlle unha sincera e sentida homenaxe nomeándoo socio de honra a título póstumo.

Tamén se premiará a Amparo do Río, que rexenta a Confeitería Conde por toda unha vida dedicada á hostería e á Sucursal como comercio singular, un recoñecemento creado o pasado ano 2021.

Trátase de profesionais cunha traxectoria indiscutiblemente consolidada e que colaboraron notablemente no mundo da hostalería e do comercio do centro histórico, con establecementos, tanto no caso da Conde como da Sucursal, que dan personalidade ao barrio de todos os lucenses.

VOLVE O "MILAGRE" DE SAN VICENTE
A entrega dos premios farase, como é habitual, o día 29 de xullo, en que este ano se pretende recuperar o “Milagre” de San Vicente tras confirmar VILIGA (Viños e Licores Galegos) a súa colaboración un ano máis. Loxicamente estarase a expensas dos correspondentes permisos e, por suposto, da situación sanitaria.

0.19834399223328