José Tomé participa nunha xornada sobre seguridade que reúne a 600 traballadores en Lugo

LugoXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou no Safety Day que organizou no Pazo de Feiras e Congresos a empresa Europastry.
xornada_europastry
21 Mar 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou no Safety Day que organizou no Pazo de Feiras e Congresos a empresa Europastry. Un evento que reúne a máis de 600 empregados e empregadas desta compañía que se dedica ao sector da panadería e que ten sede no Ceao.

Nas súas palabras o mandatario provincial evidenciou que para el “a xeración de riqueza e de postos de traballo é a maior contribución que o tecido produtivo pode facer ó desenvolvemento dun territorio, neste caso, da provincia de Lugo. O emprego é a primeira medida de política social, a que nos permite realizarnos como persoas, a base do desenvolvemento dos nosos proxectos persoais e familiares”. É por iso, dixo, que a Deputación de Lugo mantén unha relación constante e fluída co tecido produtivo da provincia.

Valorou dun xeito positivo o impulso desta xornada de prevención da saúde no traballo, lembrando que segue a ser fundamental traballar para atallar os accidentes e riscos que se seguen correndo no país. “Estou seguro de que este día dedicado á seguridade é só unha forma de manifestar un compromiso que se visibiliza hoxe de xeito especial, pero que se articula e se coida ao longo dos 365 días do ano porque, do mesmo xeito que Europastry traballa para ofrecer novos produtos e solucións innovadoras, pon tamén o mesmo empeño en estar na vangarda das medidas de seguridade e benestar no traballo”.

Tomé Roca manifestou que, segundo datos oficiais, en España producíronse no ano 2023 máis de medio millón de accidentes laborais con baixa, con máis de 27.000 en Galicia, e 3.000 deles na provincia de Lugo. “Son cifras demasiado elevadas, que hai que seguir reducindo co esforzo de todos: a inspección da administración, a responsabilidade das empresas e a formación dos traballadores

O mandatario que incidiu que “non podemos obter un bo produto mediante un proceso defectuoso, e unha empresa non pode conseguir a excelencia, se non trata de xeito excelente ós seus empregados, porque son eles, os traballadores e traballadoras, a primeira e máis importante materia prima ca que conta calquera proxecto empresarial”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19731712341309