José Tomé participou na XVII Feira da Empanada e Outros Produtos dos Ancares

LugoXa
Tomé Roca fixo un percorrido polos expositores e participou nas degustacións que inclúe esta cita
Festa-Empanada-As-Nogais
26 Maio 2024

O secretario Xeral do PSdeG na provincia e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu á XVII Feira da Empanada e Outros Produtos dos Ancares, que impulsa a asociación de empresarios das Nogais.

Acompañado pola voceira socialista deste municipio, Sonia Fernández Pérez, e outros membros da agrupación local, Tomé Roca fixo un percorrido polos expositores e participou nas degustacións que inclúe esta cita.

O socialista subliñou a importancia deste evento “porque é un gran escaparate de todo o bo facer dos veciños dos Ancares, apostando polos produtos locais de tan alta calidade como as empanadas que se fan aquí, que son as grandes protagonistas hoxe, pero tamén da carne, os embutidos, o queixo ou o mel que se poden mercar nos postos desta feira”.

Así mesmo, recoñeceu o traballo dos produtores e dos veciños e veciñas das Nogais, “que se implican dun xeito totalmente desinteresado para facer desta cita un evento de prestixio e sona nesta comarca”.

0.1566481590271