José Tomé Roca asistiu ao memorial José Antonio Guerreiro en Monterroso

LugoXa
El presidente de la Diputación de Lugo, José Tomé Roca, asistió al memorial de José Antonio Guerreiro en Monterroso.
jose tome roca monterroso
24 Abr 2022

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este sábado ao memorial José Antonio Guerreiro organizado pola Asociación de Pescadores da Ulloa, de Monterroso. José Tomé destacou na celebración deste encontro de pesca sen morte que naceu no ano 2000 a importancia de “coidar, respectar e poñer en valor” o rico patrimonio fluvial co que conta a provincia “como un recurso de lecer, a través por exemplo da pesca deportiva, pero tamén como un recurso económico”.

A pesca deportiva “é unha actividade que ten moitos afeccionados na provincia, e a súa práctica convértese nun elemento máis para definir unha oferta turística sostible e de calidade, centrada no medio ambiente, no turismo activo e de experiencias. Unha oferta que estamos potenciando dende a Deputación porque cremos que axuda a crear e a manter emprego no noso rural”, asegurou o Presidente, que acudiu ao acto xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas.

0.19046211242676