José Tomé vén de asinar a venda de 8 novas parcelas dos polígonos de Chantada e de Castroverde

LugoXa | RibeiraSacraXa
O mandatario subliñou “a importancia destas operacións para o desenvolvemento económico da provincia"
Sinatura-parcela-polígono-Deputación-de-Lugo
25 Out 2024

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar a venda de 8 novas parcelas dos polígonos de Chantada e de Castroverde. Con esta firma, a institución provincial “marca un paso importante na xestión destes parques”, destacou José Tomé Roca.

O mandatario subliñou “a importancia destas operacións para o desenvolvemento económico da provincia, xa que permiten facilitar o asentamento de empresas que xeren riqueza e emprego no rural”.

No caso de Chantada, vendéronse as parcelas número 25 por un importe de 46.464 euros á empresa de agricultura Billó SC; a número 30 e 31, ambas por un prezo total de 116.740,8 euros a Jesús Fernández Orín que destinará a creación dun proxecto vinculado á madeira; e finalmente, as parcelas número 48,49 e 50, as tres por unha cantidade total de 177.023 euros, foron adquiridas por Calvo Chantada S.L que se dedica a ofrecer servizos funerarios. Desta xeito, a día de hoxe, no polígono de Chantada só quedaría dispoñible 1 das 49 parcelas.

O mandatario provincial tamén asinou a venda de dúas parcelas do polígono industrial de Castroverde. Son as número 28 e 29 e vendéronse a primeira a un prezo de 32.200,70 euros e a segunda por un total de 33.185,18 euros, ambas á transportista Ariosa Noroeste S.L. No parque industrial castroverdense quedan 39 parcelas á venda das 51 existentes.

0.21274399757385