Juan Baroja substituirá a José Luis Novo na Corporación de Rábade

LugoXa | TerraChaXa
Tomará posesión no próximo pleno, e encargarase das áreas de Economía e Persoal
juan-baroja-toma-posesion-rabade
24 Sep 2025

A Corporación de Rábade celebrou hoxe un pleno de carácter ordinario no que, entre outros asuntos, se fixo efectiva a renuncia de José Luis Novo, quen será substituído no cargo por Juan Baroja na próxima sesión que se celebre.

A partir do seguinte pleno Juan Baroja, traballador de Correos agora xubilado, asumirá as áreas de Economía e Persoal no Goberno local, as mesmas que tiña designadas o seu antecesor.

A alcaldesa de Rábade, Reme González, tivo palabras de agradecemento para Novo, a quen lle augurou moitos éxitos no desempeño das súas novas obrigas na Comisión de Pequenos Concellos do PPdeG.

Pola súa banda, o concelleiro saínte, José Luis Novo, quixo darlles as grazas a todos os veciños e veciñas “polo comportamento e respecto que lle manifestaron” no seu período no Goberno local. Quixo tamén desculparse por se cometeu algún erro “co que os veciños puideran sentirse decepcionados ou ofendidos” asegurando que a súa intención foi sempre “a de servir coa maior honradez posible”.

Na súa despedida tamén quixo agradecerlle a alcaldesa a oportunidade que lle brindou engadindo que “sempre me terá a disposición para o que precise”.

Tamén mencionou aos funcionarios e persoal municipal e destacou a boa sintonía con todos eles.

Por último, desexoulle “toda a sorte do mundo” a Juan Baroja, que será o novo concelleiro, “unha persoa tremendamente capacitada”, concluíu.

⚙ Configurar cookies
0.095254898071289